Número de libros encontrados: 302
Unha branca de cobre para Martiño
Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes...
Charlie e o grande ascensor de cristal
Nesta continuación de "Charlie e a fábrica de chocolate", Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección...
Charlie e a fábrica de chocolate
O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes...
Álvaro e Álvaro
Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello...
Raquel ten medo
Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. Un libro, destinado aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros...
A marabillosa medicina de George
A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes...
Ota quere voar
Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan...
O caracol Remoldiño
Tres amigos mercaron unha empanada e enviaron ó máis pequeno a mercar o viño. Remoldiño sospeitaba que os seus amigos ían comer o manxar mentres el facía o recado...
Iria e a lúa
A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz; de cómo nace grande tralas montañas e se vai facendo máis pequena canto máis ascende no teito da noite...
A encontadora
Crispín sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta...
Memorias dun raposo
Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó...
Cos pés no aire
Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente...
Carlota e a bota perdida
Carlota, a marmota, esperta coa chegada da primavera, Vai deica o río, para lavarse con auga fresca. Río arriba foi buscar a nacente e alí escoitou os berros dunha bota que afogaba, arrastrada pola corrente...
¿Onde está Orelliñas ?
Magníficos volumes en cartoné, con cantos redondeados, destinados aos rapaciños rapaciñas de 2 anos en diante. A ilustradora alemana Rotraut Susanne Berner creou estes orixinais volumes para iniciar aos máis pequenos na aprendizaxe dos conceptos temporais e dos hábitos básicos no seo da familia...