Número de libros encontrados: 302
Verbas de sal
Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas...
Macarrón de Narices
No reino de Narices hai un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra de azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel. No pazo de Narices hai moito tempo naceu un príncipe moi chorón e moi mal comellón, que acababa coa paciencia do máis pintado...
Florentino, o príncipe Quino
Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei. Todo o país era unha auténtica inmundicia, del emanaba un cheiro tan fedorento que ata os paxaros que pasaban voando por riba do reino caían ao chan privados do sentido...
Contos por palabras
Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. "Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro...
Xoa
Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas...
Xenaro e a hucha do indiano
A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña...
Un saco de estrelas
Cada atardecida do mes de maio, antes de que o sol comezase a preparar a súa cama laranxa no leito das montañas, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío...
Valados
Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo...
O maquinista Antón
O maquinista Antón é unha obra de teatro dun único acto. Na estación do tren hai un gran barullo, porque o maquinista Antón está agochado e non quere conducir ningunha máquina máis...
O monstro das palabras
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas...
Violeta, a carteira bolboreta
Violeta, a carteira bolboreta, está protagonizado por algúns dos insectos máis frecuentes no medio noso (a bolboreta, a abella, a xoaniña...), presentando diversos xogos e deportes e a localización dalgúns dos nosos ríos...
Martiño, o carteiro porquiño
Martiño, o carteiro porquiño, está protagonizado por algúns dos animais domésticos e de granxa (o porco, o can, a gata, o boi, a ovella, ...), presentando algúns personaxes da Galicia medieval (Martín Codax, Mendiño, María Balteira...
Carola, a carteira centola
Carola, a carteira centola, está protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino, a vieira, a ameixa, o camarón...
A dama da luz
O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres estraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán...