Crime en Compostela
Carlos G. Reigosa (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
15ª Edición - Premio Xerais de Novela, 1984
Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vencelladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquà coas súas grandezas e miserias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aÃnda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.Reigosa inaugurou con Crime en Compostela a narrativa policÃaca galega, un xénero que se convertirÃa «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico» (Manuel RodrÃguez Alonso). A obra vense reeditando desde 1984.