No corazón do bosque
AgustÃn Fernández Paz (Autor/a)
Miguelanxo Prado (Ilustrador/a)
INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 8 anos en diante
21ª Edición
Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do rÃo Eume. Alà pasaron un dÃa marabilloso. Explorando as ruÃnas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Entón escoitou uns ruÃdos que procedÃan da súa mochila, descubrindo que alà habÃa un homiño diminuto. Un trasno chamado DerdrÃn, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. DerdrÃn é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. DerdrÃn ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos dÃas, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi bos amigos. Nas festas de nadal, DerdrÃn disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben.No corazón do bosque, o libro de AgustÃn Fernández Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos, aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese para os lectores de oito anos en diante. A convivencia dentro da familia, os conflitos dentro da aula, os problemas económicos, a amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro está constituÃdo, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan caracterÃstico do mundo mÃtico galego (e tamén do peninsular e europeo) como é o trasno.