A ira dos mansos
Manuel Esteban (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
6ª Edición - Premio Xerais de Novela, 2016
O cadáver dunha nena con sÃndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magnÃfica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuÃzos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobÃos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cÃnico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con sÃndrome de down. A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.