Cantares gallegos
RosalÃa de Castro (Autor/a)
Anxo Angueira (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>XERAIS CLÃSICOS
6ª Edición
RosalÃa de Castro contribuÃu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. A publicación de Cantares gallegos en 1863 supuxo un remuÃño decisivo na súa obra, pero tamén un golpe estratéxico de enorme transcendencia para o futuro das letras galegas. Era o primeiro libro escrito integramente en galego e nel se contiñan as claves da alegorÃa nacional da Galicia contemporánea, logo redimensionadas en Follas novas, obra coa que acabou por selar o vigor e a fortaleza do incipiente sistema. A importancia deste libro e desta data é subliñada historicamente cando a Real Academia Galega decide escoller o 17 de maio, en coincidencia co centenario da súa publicación, para instaurar o DÃa das Letras Galegas. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaÃsta, ademais dos seus estudos sobre Méndez FerrÃn (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego) vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (RosalÃa de Castro, Curros EnrÃquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición de Cantares gallegos ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas.