Pontevedra nos anos do medo
Golpe militar e represión (1936-1939)
Xosé Ãlvarez Castro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Memoria
3ª Edición
Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combÃnase cun tratamento sistemático e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situación polÃtico-social previa á sublevación, a trama conspiratoria coa execución do golpe, e os axentes e mecanismos da represión posterior. O emprego de fontes documentais inéditas, asà como de testemuños orais, contribúe a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenómeno represivo, concedendo especial atención ao achegamento ás historias da vida das vÃtimas. O autor da obra, Xosé Ãlvarez Castro, salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigación perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgación, e como dixo a escritora Dulce Chacón, «somos vÃtimas do silencio dos nosos pais e responsables da ignorancia dos nosos fillos».