Logo Xerais

Ficha libro

Palabras de auga

Marcos Calveiro (Autor/a)
Ramón Trigo (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>De 11 anos en diante

8ª Edición - Premio Merlín de Literatura Infantil 2012 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2012 - Premio Fervenzas Literarias a Mellor Portada de Infantil e Xuvenil, 2012 - Lista de Honra do IBBY 2014

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (81 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.