Lingua de calidade
Xosé Ramón Freixeiro Mato (Autor/a)
DIDÃCTICA E LINGUA
Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construÃrmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. AÃnda que boa parte desas receitas son de natureza lingüÃstico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuÃr para o fortalecemento da nosa autoestima lingüÃstica, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaÃda para garantirmos o seu futuro.