Solar, MarÃa
(enviar correo)MarÃa Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana.Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en BioloxÃa e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalÃstico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aÃnda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «EcoloxÃa na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008). O recoñecemento da crÃtica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con tÃtulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varÃola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e o libro infantil «Quokka Moka» (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022). Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.