En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos.
En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os acontecementos sociais que conforman as biografías particulares e vontades dos personaxes: a emigración cubana, o retorno triunfal, a guerra, a ruína económica e a loita pola supervivencia érguense como metáfora do país.
A memoria vai compondo esta narración a dúas voces nun intento de completar a mera visión individual. Os dous narradores coa mesma partitura interpretan cadencias ben diferentes. O contraste entre a visión sensual e distante coa máis íntima e identitaria permite a contemplación contrastante dun pasado común. O edificio familiar, cumpridos os cen anos, aparece como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes.
Colección
Narrativa
Código
1331478
I.S.B.N.
978-84-9121-914-9
Publicación
10/06/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
272
Tamaño
22.5 x 15.5 cm
Colección
Narrativa
Código
1378334
I.S.B.N.
978-84-9121-918-7
Publicación
10/06/2021
Clasificación IBIC
FA
Formato
ePub
Autor/a
Xabier Paz
Xabier Paz (A Coruña, 1949) reside en Vigo, onde exerceu diversos oficios desde 1980. Doutor en Ciencias Biolóxicas, dedicou boa parte da súa vida á investigación no Centro Oceanográfico de Vigo e foi colaborador de diversas publicacións culturais, de pensamento crítico e de viaxes. Publicou as novelas «Renacer» (Xerais, 2008), «As vidas de Nito» (Xerais, 2013), «A galera de Xelmírez» (Xerais, 2015), «Aníbal e a Pintora» (Xerais, 2017), «Galileo no espello da noite» (Xerais, 2019), «A Barcelonesa» (Xerais, 2021) e «O libro e o tapiz» (2023). Como poeta, publicou «Sedimentos» (2001), «No canto do mar» (2005), «Materia de Lucrecio» (Xerais, 2006) e «Filoxenia do sangue» (2006). Tamén é autor do libro «Follas do bacallau» (Xerais, 2005), que recolle a vida a bordo dos pesqueiros de grande altura.