Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Xosé Filgueira Valverde

Autor/a : Xesús Alonso Montero

É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudel... Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro...). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935. A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345145

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-833-5

  • Publicación

    07/05/2015

  • Clasificación IBIC

    BGL

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    296

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Xesús Alonso Montero

ALTERNATIVAS--POESÍA

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo

LIBRO X

Pedro Petouto

Pedro Petouto

CRÓNICA

Castelao na Unión Soviética en 1938

Castelao na Unión Soviética en 1938

Sobre a colección CRÓNICA