Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Galicia: un pobo con futuro?

Autor/a : Manuel Blanco Desar

Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará. Desde esta óptica, o Instituto de Estudos das Identidades, encadrado no Museo do Pobo Galego, decidiu pór en marcha uns foros de reflexión e debate sobre o grave reto demográfico que afronta o País.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Galicia é o seu pobo. Galicia é un corpo social con personalidade de seu. Se o pobo galego avellenta e torna feble, Galicia tamén o fará. Desde esta óptica, o Instituto de Estudos das Identidades, encadrado no Museo do Pobo Galego, decidiu pór en marcha uns foros de reflexión e debate sobre o grave reto demográfico que afronta o País. Este libro nace desa iniciativa e das achegas dunha escolma de expertos e persoeiros que avalían as causas, consecuencias e remedios precisos que atinxen a nosa baixa fecundidade como ser colectivo. Os desafíos non se superan ignorándoos. Tampouco este. Por iso, situar o problema na axenda e na ágora públicas resulta imprescindible. O compromiso co futuro do noso pobo demanda que se fale con paixón e rigor sobre como superar esta situación, na que levamos instalados máis de dúas décadas. Galicia sobreviviu a unha chea de circunstancias adversas durante séculos, pero nunca encarou un reto semellante ao que vén padecendo desde hai anos. Morren máis galegos dos que nacen, e con ese déficit vital o País vai esmorecendo. Pero non é tempo de laios, nin de remorsos ou reproches. É tempo de espertar e traballar xuntos por unha Galicia vizosa e nova, orgullosa do seu pasado e afouta cara ao seu porvir.

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327140

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-782-6

  • Publicación

    18/11/2014

  • Clasificación IBIC

    JHBD

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    264

  • Tamaño

    24 x 17 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Sobre a colección Xerais Universitaria