Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

O valego

Autor/a : Xosé-Henrique Costas González

«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

«Paixón e ciencia percorren todo este libro co obxectivo de que sexa unha obra útil para dar longa vida ás falas do Val do Ellas. A presente monografía é o resultado de vinte anos de continuas visitas de Xosé-Henrique Costas á zona para recoller material, que foi dando a coñecer nun bo quiñón de relatorios e de artigos, agora revisados, actualizados e agrupados nos diversos capítulos deste libro, co que demostra que nada do que se refire ó Val do Ellas lle é alleo. Debulla con paixón e claridade expositiva, entre outros aspectos, a onomástica e a historia do galego na zona (con atención especial á toponimia), dá hipóteses sobre o mantemento da fala e a súa polémica adscrición lingüística e fai unha completa caracterización fonética, morfosintáctica e léxica, para rematar cunha análise da situación sociolingüística e da urxente necesidade de codificación destas falas, para o que propón unha solución ''á galega''. Non separa o estudo lingüístico dos temas sociais e legais, non escapa dos aspectos políticos, polo que o libro se abre cun longo capítulo sobre o contexto lexislativo e político de todas as linguas minorizadas de España, e estuda a lexislación lingüística ignorada, particularmente a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e a súa importancia para a normalización do galego de Galicia, mais tamén para o galego estremeiro e do Val do Ellas.»

  • Colección

    Xerais Universitaria

  • Código

    1327138

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-557-0

  • Publicación

    29/09/2013

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    280

  • Tamaño

    24 x 17 cm

Sobre a colección Xerais Universitaria