Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

O solpor da cupletista

Autor/a : María Xosé Queizán

En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora condúcenos á infancia daquela nena, de extracción moi humilde, que desde ben nova comprendeu que, dada a súa condición miserable, lle arrebatarían sen pagar o seu corpo e a súa beleza, de tal xeito que ela mesma decidiu usalo no seu proveito, chegando a converterse nunha das artistas europeas máis famosas da época. Cunha prosa directa que sabe mostrarnos as debilidades e grandezas dunha personaxe real e da súa Belle Époque, Queizán constrúe un relato intenso e apaixonante. Abordando a vida da Bela Otero desde a perspectiva máis íntima e persoal, e eludindo conscientemente os sucesos máis sonados do seu éxito, O solpor da cupletista desvélanos o verdadeiro rostro da artista, rostro que inevitablemente nos remite a unha infancia que Carolina Otero esconxurou para esquecela. Á novela curta, a autora engádelle nesta edición un interesantísimo ensaio de investigación baixo o título de Carolina Otero, a liberdade arrogante que reconstrúe as paisaxes do seu periplo vital.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331346

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-568-6

  • Publicación

    19/11/2013

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    120

  • Tamaño

    22 x 15 cm

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de María Xosé Queizán

POESÍA

Metáfora da metáfora

Metáfora da metáfora

Narrativa

Amor de tango

Amor de tango

Ensaio

Despoxos e vísceras ilustres

Despoxos e vísceras ilustres

Sobre a colección Narrativa