Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor.
Do G ao Z, de Manuel Veiga, é un dicionario humorístico e indignado que comeza pola letra «G» e no que se van definindo, con moita retranca, palabras que teñen que ver coa actualidade, coa política, coa cultura e coa historia, sempre cun enorme sentido de humor. Como especifica o seu autor no limiar, «o de «dicionario» é oportuno porque alude, de forma implícita, a textos breves e variados, a un libro que se pode comezar a ler por calquera parte, que se pode pousar e abandonar para volver comezalo noutro momento calquera, incluso un ano ou dous máis tarde, pois non é preciso recordar a trama nin o nome dos personaxes». Galicia, a Guerra Civil, o humor, a humildade, intelectual, Lenin, libraría, Manuel Fraga, misoxinia, O amante de Lady Chaterley, a política, a publicidade, o Quixote, o racismo, ravachol, Santiago, travestí, Vigo, watergate ou Zapatero son algunhas das palabras definidas neste dicionario agudo, divertido, desenfadado e indignado co que Manuel Veiga pon o dedo na chaga da sociedade actual.
Colección
LIBRO X
Código
1379501
I.S.B.N.
978-84-9914-448-1
Publicación
23/10/2012
Clasificación IBIC
WHP
Formato
Papel
Páxinas
72
Tamaño
20 x 13 cm
Autor/a
Manuel Veiga Taboada
Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia».
(Foto do autor: Antonio Gutiérrez)