Logo Xerais

Ficha libro

O meu gato é un poeta

Fran Alonso (Autor/a)
Fran Alonso (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 8 anos en diante

9ª Edición - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2011

O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida.O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto.O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.franalonso.gal. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas...

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (33 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.