Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato-hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros.
Ó hobbit Bilbo Bulseiro gústalle a vida cómoda e tranquila do seu burato-hobbit, onde almorza, merenda e cea varias veces ó día. Pero a inesperada visita do mago Gandalf fai espertar no seu interior o espírito aventureiro dos seus devanceiros. Deste xeito ve trascadeada a súa vida cotiá e, sen saber moi ben como, emprende unha longa viaxe con trece ananos barbudos en dirección ás Montañas para recuperar un tesouro roubado polo dragón Smaug, esquecido hai moito tempo.
Colección
FÓRA DE XOGO
Código
1365841
I.S.B.N.
978-84-9782-541-2
Publicación
20/03/2007
Clasificación IBIC
YFH
Formato
Papel
Páxinas
344
Tamaño
21.2 x 13.2 cm
Colección
Código
I.S.B.N.
Publicación
01/01/1970
Clasificación IBIC
Formato
Autor/a
J. R. R. Tolkien
John Ronald Reuel Tolkien (Bloemfontein 1892-Oxford 1973), profesor de anglosaxón da Universidade de Oxford, foi unha das personalidades literarias máis relevantes do século XX.
A súa primeira obra O Hobbit (1937, Xerais 1999), xa presentaba por vez primeira o denso mundo mitolóxico que recreará na súa obra máis trascendental O Señor dos Aneis a súa famosa triloxía formada por A irmandade do anel (1954, Xerais 2001), As dúas torres (1955, 2002) e O regreso do rei (1955, Xerais 2002). Outras obras que tamén acadaron grande popularidade son Giles farmer of Ham (1945), The adventures of Tom Bombadil (1962), Tree and Leaf (1964), The road goes ever on (1967) e The Silmarillion (0bra póstuma, recompilada e editada polo seu fillo). A traducción das súas obras en galego foi realizada por Moisés Rodríguez Barcía.