Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

A terra cantada

Autor/a : Camilo Nogueira

Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, "Provincia ou nación" (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolución histórica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, "O imperio declinante" (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345081

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-429-3

  • Publicación

    15/03/2006

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    408

  • Tamaño

    22.1 x 14.6 cm

Libros de Camilo Nogueira

Ensaio

Unha nación no mundo

Unha nación no mundo

Ensaio

Para unha crítica do españolismo

Para unha crítica do españolismo

Sobre a colección CRÓNICA