Número de libros encontrados: 62
Cousas de papá
Esta é a historia dun pai e dunha nena... Non, mellor non... Esta é a historia dun pai e dun neno... Tampouco... Esta non é ningunha historia. "Cousas de papá" é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía...
Cámbiache o conto!
Pinto & Chinto ofrécennos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carrapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos...
O cociñeiro Martiño
No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións...
Axente Riciños
Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa...
A música das árbores
«Graciano Zoqueiro, trasniño e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as pólas nace unha sinfonía, unha orquestración...
Augusta e os seus medos
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...
O pequeno mago + DVD
Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos...
A dama da luz
O avó de Marta garda un enigmático segredo na súa memoria. Un segredo que fala de seres estraños que habitaban na cidade cando era moi distinta, apenas había coches e a xente non vivía coas présas de hoxe, seres como a Dama da Luz ou o Home das Sombras, e de lugares misteriosos como a Casa do Outeiro ou a mítica illa de San Brandán...
¡Upa!
Agora xa non chove e meu pai e mais eu imos mercar. Pola rúa atopamos charcos de auga moi grandes e un can enorme que me espanta. Entón, o meu pai levántame e dime: ¡Upa!...
Negros e brancos
Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra...
¡Que medo, mamá Raquel!
Sara e Fran quedan sós na casa, mentres agardan que chegue mamá Raquel, a súa avoa. Fóra chove e o vento bufa coma un tolo. De repente marcha a luz e a escuridade ocupa a casa enteira...
Raquel ten medo
Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. Un libro, destinado aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros...
¿Onde está Orelliñas ?
Magníficos volumes en cartoné, con cantos redondeados, destinados aos rapaciños rapaciñas de 2 anos en diante. A ilustradora alemana Rotraut Susanne Berner creou estes orixinais volumes para iniciar aos máis pequenos na aprendizaxe dos conceptos temporais e dos hábitos básicos no seo da familia...