Número de libros encontrados: 25
Volvo! O regreso de Usha
Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida...
A alternativa está aquí
En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ata o de agora non estaban nin na liña do horizonte...
Presente continuo
O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo...
En vías de extinción
Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas...
O monstro das palabras
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas...
Pirata
A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, á fin atopou a súa identidade como pirata...
Lía e as zapatillas de deporte
As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis...