Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 24

Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916)

Ramón Nicolás

O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdimento», preparada por Ramón Nicolás, sintetiza á perfección o espírito e as voces dese momento crucial...

Longa noite de pedra

Celso Emilio Ferreiro

Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe...

Cantares gallegos

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia...

Follas novas

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863...

O divino sainete

Manuel Curros Enríquez

Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Francisco Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII...

Con pólvora e magnolias

X. L. Méndez Ferrín

Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos...

A narrativa mariña

Gonzalo López Abente

A publicación destas novelas curtas, ou relatos, quere dar a coñecer parte da obra literaria do escritor muxián. En 1918 os escritores das Irmandades da Fala, interesados en crearen a narrativa galega moderna, convocaron un premio literario en A Nosa Terra, do que saíu gañadora a obra O diputado por Beiramar de Gonzalo López Abente...

Samos

Ramón Cabanillas

Cando se cumpren cincuenta anos do falecemento de Ramón Cabanillas, Xerais reedita un libro inatopable que agora cobra vida propia: Samos. A Biblioteca das Letras Galega pon na man dos lectores e lectoras o emblemático libro de Cabanillas nesta coidadosa edición prologada e notada por Carlos L...

Autor/a da semana

No desterro

Ramón Cabanillas

A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913...

Poesía galega completa e textos en prosa Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Álvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas...

Vinte mil pesos crime

Bernardino Graña

Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época...

O camiño de abaixo

Xohán Casal

Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dos anos cincuenta da "Asociación de Artistas Ceibes" da Coruña...

Viaxe ao País dos Ananos

Celso Emilio Ferreiro

"Viaxe ao País dos Ananos" de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración...

Indo pra máis perto. A señardade no puño

Xosé Alexandre Cribeiro

Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra, 1936-1995), desenvolveu unha actividade feraz no xornalismo audiovisual e sempre se sentiu abraiado polo cine...

O sol na crista do galo

Manuel Lueiro Rey

O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-0 Grove, 1990) é o libro de relatos dun autor que seguiu unha carreira literaria singular...

Cantos caucanos

Antón Avilés de Taramancos

"Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia...