Logo Xerais

Novela

1984, o nacemento, "Crime en Compostela"

Da man de Luís Mariño, daquela director de Edicións Xerais de Galicia, creouse no ano 1984 o premio Xerais de novela galega que ofrecía asingularidade (a diferencia do premio de referencia daquela, o Blanco Amor) de non esixir nas súas bases unha extensión prefixada para as obras quese presentaban ó concurso; sendo esta a primeira ocasión na que unha editorial acometía en Galicia empresa semellante. Queríase emular no nososistema editorial, en formación, o modelo normalizado dos grandes premios literarios como o Planeta ou o Goncourt, convocados por empresaseditoriais privadas. Dotado con 500.000 pesetas, foi fallado na cidade de Vigo o 10 de novembro -sábado anterior á festa de san Martiño- cita quese convertiu en habitual durante as primeiras quince edicións, no seo dunha cea á que asistiron 250 persoas de diversos ámbitos da cultura, daadministración e da sociedade civil do país

Das vintenove obras participantes naquela primeira edición, o xurado outorgou o premio á presentada baixo o lema "Lagoa azul e branca", unha novela de xénero policial que logo aparecería co título Crime en Compostela, da que resultou ser autor, o xornalista e delegado da axencia EFE en Santiago, Carlos G. Reigosa. Crime en Compostela converteuse na década dos oitenta nun auténtico best seller da novela galega e deu pé a unha serie, polo momento de catro obras, protagonizada polo detective Nivardo Castro, que Reigosa titulou O misterio do barco perdido (1989), A guerra dotabaco (1996) e Narcos (2001).

Dotación e bases

O Premio Xerais de Novela está dotado con 10.000 euros.

O xurado está composto por cinco membros, escolleitos pola editorial entre lectores e lectoras, que deberán outorgar o premio por maioría de votos. Se así o estiman, poderán declarar o premio deserto.

Todos os Xerais