Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes d' O Globo de Shakespeare.
Un actor que soña con Shakespeare, un escritor que soña con limóns, unha muller que soña con ser correspondida polo seu home, unha vella que ficou soñando co noivo da mocidade, unha prostituta que soña con non sentirse soa e un vello que nada soña e que goza controlando os soños alleos son os personaxes d' O Globo de Shakespeare. O achado do primeiro Hamlet, a obra do soño e a morte, no pazo de Ribadeo onde se relacionan, asulagará os seus soños e as súas vidas. O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cuna apoteósico final tráxico.
Colección
Narrativa
Código
1331259
I.S.B.N.
978-84-9782-915-1
Publicación
17/11/2008
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
216
Tamaño
22 x 14.5 cm
Autor/a
Jaureguizar
Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: "Fridon spik" (Xerais 1995, 2003), narracións breves; "Comendo espaguetis diante da televisión" (Xerais 1998), novela; "As horas sucias" (Xerais 2001), novela; "Breve crónica universal da clase obreira" (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, "Casa Skylab" (Premio Xerais 2003), novela, "Cabaret Voltaire" (Premio Manuel García Barros 2005), novela "O Globo de Shakespeare" (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e "Placebo" (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís "Todo a cen" (1995), "A rutina corsaria" (Xerais 1998), "Salitre" (Xerais 1999), "¡Balea morta ou lancha a pique!" (Xerais 2002), "A cova das vacas mortas" (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, "Plastilina nos pulmóns" (2007), "O contador de estrelas" (2009), "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (Xerais, 2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: "Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela" (Xerais 2010), "A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña", "Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo" (Xerais 2012), "O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo" (Xerais 2014) e "A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense" (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.