Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans.
Gladys, Helena e Laura arrastran vidas moi difíciles. Ningunha delas elixiu o pesado lastre dunhas circunstancias provocadas pola escravitude sexual, polo maltrato familiar ou pola precariedade laboral que sofren atadas de pés e mans. Serán os fíos de apoio que a avogada María Xosé Muradas e as súas compañeiras van tecendo dende o xermolo da "Fundación Libélula" de axuda ás mulleres en situación precaria os que lles permiten enxergar a posibilidade de comezar unha nova vida. Mais, a pesar das esperanzas acuñadas deberán seguir loitando, xa que as cousas ás veces empeoran antes de mellorar.
Colección
Narrativa
Código
1331297
I.S.B.N.
978-84-9914-187-9
Publicación
19/01/2011
Clasificación IBIC
FA
Formato
Papel
Páxinas
96
Tamaño
22 x 15 cm
Autor/a
Yashmina Shawki
Yashmina Shawki naceu en Vigo de nai galega e pai kurdo iraquí. Cursou parte do ensino secundario en Baghdad, licenciándose na Universidade de Santiago de Compostela en Dereito en 1992 e en Historia Contemporánea en 1993. Conferenciante e xornalista especializada en temas de Oriente Medio, colabora nas revistas Festa da palabra silenciada e Babab, así como semanalmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia e no faladoiro político "Al final del día" de Radio Voz. Como narradora publicou en castelán a novela Kurdos, destino libertad (2007) e en galego Contos ao carón da lareira (2007) e a novela Fundación Libélula (Xerais 2011).