Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Unha branca de cobre para Martiño

Autor/a : Ramón Carredano Cobas

Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narrada empregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha das moedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día no que cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despois de tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous meses percorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novela clásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamente documentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlín como "redonda" e de "lectura fascinante".

  • Colección

    De 11 anos en diante

  • Código

    1343154

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-333-3

  • Publicación

    06/09/2005

  • Clasificación IBIC

    YFT

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    112

  • Tamaño

    19 x 13.5 cm

Sobre a colección De 11 anos en diante