Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Iria e a lúa

Autor/a : Oli
Ilustrador/a : Fino Lorenzo

A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz; de cómo nace grande tralas montañas e se vai facendo máis pequena canto máis ascende no teito da noite.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz; de cómo nace grande tralas montañas e se vai facendo máis pequena canto máis ascende no teito da noite. O avó tamén lle falaba dos soños que habitan a noite, contáballe que son uns seres pequenos e transparentes que viven de día tralas estrelas e de noite asoman ó balcón da lúa. Os Magos das Palabras axúdannos a descubri-los soños. Cada noite os soños, dende o balcón da lúa, escollen unha persoa coa que pasa-la noite e hai moito tempo tiñan enormes liortas porque todos querían se-los primeiros es escoller; así pois, decidiron que había que poñer orde. Os primeiros en escoller serían os soños divertidos, que sempre escollen persoas divertidas. E os últimos serían os roñóns, que escollen as persoas roñonas e aburridas. E logo están os pesadelos, os soños que ninguñen quere.

  • Colección

    De 7 anos en diante

  • Código

    1343076

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-935-0

  • Publicación

    21/05/2003

  • Clasificación IBIC

    YFU

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    48

  • Tamaño

    20 x 10 cm

Libros de Oli

De 7 anos en diante

O rato avó e o muraño

O rato avó e o muraño

De 7 anos en diante

Leocadio, o león

Leocadio, o león

Sobre a colección De 7 anos en diante