Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Resistencia

Autor/a : Rosa Aneiros

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais -Dinís e Filipa- artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís -un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen- e Filipa -filla dun rico comerciante de Coimbra-. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331183

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-925-1

  • Publicación

    12/12/2002

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    304

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378129

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-519-8

  • Publicación

    15/05/2013

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Rosa Aneiros

Narrativa

A noite das cebolas

A noite das cebolas

De 9 anos en diante

Catro plumas de dinosauro

Catro plumas de dinosauro

Narrativa

Sibila

Sibila

Sobre a colección Narrativa