Logo Xerais

Ficha libro

Como unha novela

Daniel Pennac (Autor/a)
Emma Lázare (Tradutor/a)
Moncha Fuentes (Tradutor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

2ª Edición

Un libro traducido ós principais idiomas europeos, éxito seguro entre pedagogos e ensinantes, un punto de vista moi diferente sobre a delicada cuestión do rechazo xuvenil á literatura e en xeral a todo canto cheire de lonxe a cultura.Xa está dito que "para aprender, ou ver ou ler", e moito fiáis fácil para a gran maioría é coñecer o mundo e as distintas formas de vivilo e interpretalo e mesmo de imaxinalo a través da literatura. A través dos libros, calquera clase de libros, sempre que sexan bos.Pero o gran problema para os rapaces de hoxe, unha vez superado o seu rechazo instintivo á lectura, é saber distinguir os libros de baixa calidade dos libros que conteñen obras de arte ou sabedoría.Fronte ós comecocos e videoxogos que o mercado lles ofrece cada vez fiáis sofisticados, fronte á idea -tamén moi divulgada en relación co consumismo- de que o intelectual é de vellos e ser vellos non é bo, fronte a idea de que ler é cousa de persoas pasivas e apalancadas, fronte a procedementos demasiado brutais ou demasiado rebuscados para conseguir que os rapaces lean, Daniel Pennac propón a liberdade, propón compartir aquilo que se disfruta, propón a experiencia persoal na literatura. Menos análise, menos esquematización na aprendizaxe do que está feíto para ser disfrutado, menos obsesión por que lean a calquera prezo. A literatura, a boa literatura é intelixencia creativa. Iso é o que se precisa para transmitirlle ós rapaces de hoxe a conveniencia de ler e conseguir crear, a través da boa literatura, un territorio persoal de vivencias insustituíbles.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (2 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.