Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

O cuarto das abellas

Autor/a : Antía Otero

Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte -escribiu ela nunha carta- é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte -escribiu ela nunha carta- é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» "O cuarto das abellas" é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. Fran P. Lorenzo

  • Colección

    POESÍA

  • Código

    1322247

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-128-0

  • Publicación

    10/11/2016

  • Clasificación IBIC

    DCF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    80

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección POESÍA