Logo Xerais

Ficha libro

Nunca paraíso

Teatro breve (1973-2015)

Manuel Lourenzo (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>XERAIS CLÁSICOS

Este volume reúne trinta e nove pezas breves escritas por Manuel Lourenzo entre 1973 e 2015, as máis delas inéditas ou publicadas en revistas e folletos, e algunhas representadas. Monólogos, diálogos e algunhas coralidades compoñen o corpus desta colección teatral, destinada a públicos, lectores e lectoras transparentes ou opacos, nítidos ou escuros, con moitísima ou nula atención polo teatro. Así sucede coas dezaseis pezas do primeiro capítulo dirixidas, aínda que non unicamente, a "Solitarios”. Como as do segundo, "A Rolda", implican a todas as persoas que non se consideran implicadas. Mentres as do terceiro, "Contratempo", convidan a xogar ás advertidas. Por último, as catro pezas de "Azul" axudan a achegarse a un horizonte que podemos chamar límite... Pezas todas que abalan do estupor ao interese, da afirmación á dúbida, do ruído ao silencio. Un teatro de todas as cores, gobernado pola arpa tendenciosa de Denís e pola xenialidade dun clásico do noso teatro contemporáneo.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • ·
  • (3 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.