Logo Xerais

Ficha libro

Axenda Dietario Cartoné 2017

Equipo Xerais (Autor/a)

MATERIAIS NON LIBROS>AXENDAS

Axenda Dietario (día por páxina) con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Onomástica, Fases da Lúa. Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente, posibilidade de estampación de logotipo na cuberta ou cuberta personalizada. En palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso: “Polas páxinas do Dietario pasa toda a nosa historia, desde os primeiros autobuses de liña, o primeiro tranvía, a chegada do tren e non sei cantas cousas máis. Ofrécenos este Dietario a imaxe dunha Galicia onde o campo e o mar foron moi importantes, mais tamén unha Galicia onde a ciencia, a técnica e o progreso tiveron o seu asento. Xa que logo, a lectura do Dietario e unha boa dose de galeguismo e orgullo propio. En canto á lingua, a autora acerta plenamente. As súas informacións concisas e amenas están ben redactadas, con enunciados non oracionais ou oracións sinxelas e tallantes. Pásalles un pouco o que se di das anotacións escénicas de Valle-Inclán: que aínda que non estaban redactadas con pretensións literarias, a súa literalidade é un feito innegable. Cómpre sinalar así mesmo que cando un día non ofrece ningunha efeméride digna de mención, o que aparece é algún dito ou refrán popular. Así no 18 de xaneiro lemos: En xaneiro, un pouco ao sol outro pouco ao fumeiro.Por último, só me queda dicir que este Dietario e as súas efemérides teñen unha extraordinaria utilidade no eido do Ensino. O profesor ou profesora que quere falar neste xaneiro, por exemplo, de feminismo, cultura popular, sociolingüística, literatura e non sei cantas cousas máis sobre a nosa comunidade ten un verdadeiro filón de suxestións nas devanditas efemérides. E así todos os meses e todos os días do ano. En fin, ben que gocei lendo as efemérides, recibindo unha lección ou recordatorio de galeguidade.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.