Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos.
Uns perigosos piratas normandos atracan na pequena cidade galega de Tui, dispostos a saqueala. Bieito Dubidoso, un neno de tan só nove anos, pero armado dunha maxia sorprendente, logra que os malvados guerreiros fuxan espavorecidos. A noticia do prodixio esténdese por toda a comarca e, a partir de entón, Dubidoso será coñecido por todos como O Pequeno Mago.
Xunto coa súa inseparable amiga Destreza embarcarase en innumerables e máxicas aventuras e enfrontarase ao poderoso bispo Xoán, señor e dono da cidade, que non lle perdoará que o deixase como un covarde diante dos seus vasalos. Conseguirá O Pequeno Mago saír vitorioso na súa rivalidade con tan poderoso inimigo?
CONTEN DVD COA PELÍCULA "O PEQUENO MAGO" dirixida por Roque Cameselle.
Colección
ÁLBUM ILUSTRADO
Código
1351042
I.S.B.N.
978-84-9914-730-7
Publicación
07/05/2014
Clasificación IBIC
YBCH
Formato
Papel
Páxinas
56
Tamaño
21 x 19 cm
Autor/a
Roque Cameselle
Roque Cameselle (Vigo, 1981) é escritor e director de cine. Licenciado en Comunicación Audiovisual, imparte clases de guión cinematográfico e é crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldados sen fortuna (2000) e Amor a Mantis (2003). En 2011 estreou a película de animación The Little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. O filme está baseado na novela Bieito Dubidoso (Xerais 2003, 2015) e foi distribuído por Xerais, acompañando o álbum ilustrado O pequeno mago (Xerais, 2014). Como autor de narrativa breve, publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001) e como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral, o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións. Dende 1997 obtivo numerosos premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.