Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Medo político e control social na retagarda franquista

Autor/a : Lucio Martínez Pereda

Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos traballos de investigación e proxecta o fenómeno da represión franquista fóra do seu ámbito estrito para achegarse á sociedade que o padeceu. Manexando un conxunto documental heteroxéneo -sentenzas e expedientes xudiciais, informes de servizos de investigación, expedientes de depuración, peticións de clemencia, cartas de delación...-, a información recollida por Lucio Martínez Pereda nesta obra vai máis aló dos cárceres, dos paseos nocturnos e dos pelotóns de fusilamento para estudar os aparellos represaliadores -comisións de depuración e de incautación de bens, tribunais de responsabilidades políticas e de represión da masonería- que a modo de tea de araña integraron un amplo repertorio de castigos: desde o cárcere e o desterro ata a perda das propiedades, negocios e traballos. Este proceso represivo, non interrompido ao final da guerra e continuado nun sistema composto de distintas formas de persecución complementarias entre si, provocou que o medo e a vontade de sobrevivir se convertesen nunha forma de xerar pasividade que permeabilizou socialmente a violencia política entre amplas capas da sociedade galega. O medo político e os mecanismos de control social inherentes ao seu funcionamento derivaron nun importante axente psicolóxico de acción social e alongaron temporalmente os seus efectos ata ben entrada a década de 1950.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345143

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-808-3

  • Publicación

    12/02/2015

  • Clasificación IBIC

    HBWP

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    496

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección CRÓNICA