Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Como en Alxeria

Autor/a : Xosé Ramón Pena

A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A comezos da década dos 60 do século XX -unha década realmente « prodixiosa» na perspectiva de determinados analistas e, desde logo, de moitos daqueles que a protagonizaron- o mundo enteiro vive momentos de axitación e incertidume. O 1 de xaneiro de 1959 as tropas de Fidel Castro entraran na Habana e Santiago de Cuba. Dous anos máis tarde, en abril de 1961 -e contando co patrocinio da CIA- ten lugar o desembarco en Bahía de Cochinos, que rematará, porén, co triunfo das forzas revolucionarias fieis a Castro. Asemade, noutra parte do planeta, en Alxeria, vívense os tempos da rebelión contra o poder colonial francés, que conducirán á independencia do país en xullo de 1962. Cuba e Alxeria, pois; Fidel Castro, Ben Bella... nomes que están nas mentes, nas conversas, no horizonte diario duns mozos que, entre Madrid e Galicia, soñan con ser quen de sacudir o xugo da ditadura franquista e conquistar, entón, a liberdade para o seu pobo. Mais esa actitude rebelde de esixir un xesto, unha acción «romántica» que dea cumprida noticia da protesta- é cuestionada por outros sectores da resistencia moi condicionados aínda polo trauma da Guerra Civil e mais as persecucións da inmediata posguerra. Xosé Ánxel Viana vén ser un deses mozos que se debaten entre a fidelidade ao proxecto dos maiores e mais o afán por conformar unha alternativa propia e radical -«como en Alxeria?», velaí a pregunta que os obsesiona arreo-. No medio e medio da incerteza, Viana e mais os seus compañeiros reciben a inagardada visita de Paloma, unha resplandecente actriz mexicana que, de súpeto, remove conciencias e vidas. Amor, paixón humana e política inician, xa que logo, unha carreira cada vez máis acelerada na cal as esperanzas, as desputas e traizóns, o medo e a ousadía aparecen entrelazados nun episodio singular e descoñecido que se puido constituír na «outra» crónica da historia de Galicia e do galeguismo.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331327

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-435-1

  • Publicación

    18/09/2012

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    232

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378156

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-639-3

  • Publicación

    17/01/2014

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

  • Colección

  • Código

  • I.S.B.N.

  • Publicación

    01/01/1970

  • Clasificación IBIC

  • Formato

Libros de Xosé Ramón Pena

Xerais Clásicos

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Obra poética de Florencio Delgado Gurriarán

Narrativa

Todas as vidas

Todas as vidas

Xerais Universitaria

Historia da Literatura Galega IV

Historia da Literatura Galega IV

Sobre a colección Narrativa