Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Antón Reixa

Autor/a : Manuel Xestoso, Cid Cabido

A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A figura de Antón Reixa resulta imprescindible para comprender os múltiples cambios na cultura galega das últimas décadas. A súa obra comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. En todos estes ámbitos e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. E sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país. Nestas conversas co escritor X. Cid Cabido e co crítico Manuel Xestoso, Antón Reixa vai debullando os aspectos máis relevantes da súa biografía, as claves do seu traballo e as liñas esenciais do seu pensamento artístico e político.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345131

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-399-6

  • Publicación

    19/06/2012

  • Clasificación IBIC

    BGF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    312

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Sobre a colección CRÓNICA