Logo Xerais

Ficha libro

Todo é silencio

Manuel Rivas (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA

2ª edición - Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro narrativa para adultos, 2010 - Premio Fervenzas Literarias a mellor portada adultos, 2010 - Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010 - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Narrativa), 2011

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • ·
  • -
  • -
  • -
  • (655 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.