En Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbad...), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación.
En Mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (Mondo, Lullaby, Alia, Daniel Sindbad...), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación. Suxeridoras viaxes que nos levan a Barasali, Dahlar Kebir ou Hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas que precisan saír ó mar, botárense ó mundo á procura dos seus soños. Son adolescentes, cos seus problemas, que procuran a natureza como elemento liberador. Segundo os seus tradutores galegos, Raquel Villanueva e Valentín Arias, os textos de Le Clézio posúen un ''raro poder'', o don poético de abolir as fronteiras, todas as fronteiras, as que separan ao home das cousas, as que separan as cousas entre si, e tamén as fronteiras do home dividido, separado en compartimentos estancos no seu propio existir. ''Este escritor, tan nostálxico ás veces, representa a vida de hoxe, lamenta a destrución da natureza, a proliferación das cidades de cemento e a tiranía da civilización mecánica na que todos estamos inmersos.'' Para concluír, ''a lectura fácil de Le Clézio preséntase baixo un modelo de ciencia-ficción na que a procesión de visións nos deixa un camiño aberto para unha filosofía-ficción''.
Colección
Narrativa
Código
1331266
I.S.B.N.
978-84-9782-943-4
Publicación
10/12/2008
Clasificación IBIC
FYB
Formato
Papel
Páxinas
296
Tamaño
22 x 14.5 cm
Colección
Código
I.S.B.N.
Publicación
01/01/1970
Clasificación IBIC
Formato
Autor/a
Le Clézio
Jean-Marie Gustave Le Clézio naceu o 13 de abril de 1940 en Niza, onde fixo os seus estudos no liceo para proseguir na Universidedade de Letras, onde se licenciou en 1960; logo traballou en Inglaterra, na Universidade de Londres. Aos seus 23 anos revelouse como un gran escritor coa publicación da súa primeira obra Le procès verbal (1963), que obtivo o Premio Renaudot e que supón xa unha ruptura coa literatura precedente. A partir dese momento a súa produción incrementarase cada ano. La Fièvre (1965), Le Déluge (1966), L' Extase matérielle (1967), Terra Amata (1967), Le Livre de Fuites (1970), La Guerre (1970), Lullaby (1970), Voyages de L' autre Côté (1975), Mondo et autres histoires (1978), Desert (1980), Le Chercheur d'or (1985), Hasard (1999) e L' Africain (2004) son algúns dos títulos do seu extenso catálogo narrativo que acada case as cincuenta obras publicadas, na sua maior parte por Editions Gallimard. A súa última novela, Ritournelle de la faim, apareceu nas librarías francesas o pasado día 2 de outubro. A Academia Sueca na adxudicación do Nobel definiuno como ''escritor da ruptura, da aventura poética e da extase sensual''.