Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

O libro das viaxes imaxinarias

Autor/a : Xabier P. DoCampo
Ilustrador/a : Xosé Cobas

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos. "Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato." "Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.

  • Colección

    CAMALEÓN

  • Código

    1334504

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-916-8

  • Publicación

    16/10/2008

  • Clasificación IBIC

    YFH

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    224

  • Tamaño

    29 x 19.5 cm

Libros de Xabier P. DoCampo

CAMALEÓN

Contos de obxectos

Contos de obxectos

De 13 anos en diante

Catro cartas

Catro cartas

FÓRA DE XOGO

A chave das noces

A chave das noces

Sobre a colección CAMALEÓN