Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Expediente Artieda

Autor/a : Luís Rei Núñez

Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis. As pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cándo e cómo será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a Dictadura. Daquela, Franco vai saír do pazo de Meirás para unha inauguración, e o home que baixara do tren pensa: qué ocorrería se... En Expediente Artieda, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premio máis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e non lles importa. Pero tamén aparecen os soños da infancia, o peso da memoria e o inmenso poder, mesmo destructivo, do amor. Expediente Artieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora en terceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe a historia da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dos seres anónimos. Unha novela nostálxica que recrea de forma expléndida e evocadora á Coruña do tardofranquismo, unha cidade que se recupera para a memoria dos lectores de hoxe.

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1331160

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-573-4

  • Publicación

    17/10/2000

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    232

  • Tamaño

    22.1 x 14.6 cm

  • Colección

    Narrativa

  • Código

    1378152

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-617-1

  • Publicación

    12/09/2014

  • Clasificación IBIC

    FA

  • Formato

    ePub

Libros de Luís Rei Núñez

Narrativa

Matarán a Reboiras

Matarán a Reboiras

CRÓNICA

Rafael Dieste

Rafael Dieste

Narrativa

O encargo do señor Castelao

O encargo do señor Castelao

Sobre a colección Narrativa