XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
LISTAXE
A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte (Novidade)
Lema Suárez, Xosé María (Coordinador)
Lema Suárez, Xosé María (Autor/a)
Domínguez Rial, Evaristo (Autor/a)
Fernández Carrera, Xan (Autor/a)
Mouzo Lavandeira, Roberto (Autor/a)
Rei Lema, Xosé María (Autor/a)

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos. Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona. Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar. Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade. Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca. Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas… Un apartado especial son as rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.
 
Caderno do Profesorado de Educación Primaria 2010-2011 (Novidade)
Barros Castro, Teresa (Autor/a)
García Yanes, José Manuel (Autor/a)
Roibás Blanco, Natalia (Autor/a)

Este Caderno do Profesorado de Educación Primaria, preparado por Teresa Barros Castro, José Manuel García Yanes e Natalia Roibás Blanco, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria. O Caderno do Profesorado de Educación Primaria inclúe: - Datos persoais e do Centro. - Follas de horario do grupo e do titor ou titora. - Calendarios 2010 e 2011. - Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. - Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. - Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, entrevistas familias, seguimento e notas de áreas e outras observacións. - Fichas de avaliación para recoller a descrición de traballos, exercicios e notas de clase. - Fichas de avaliación para rexistrar a valoración de traballos, exercicios e notas de clase. - Páxinas para recolle rnotas de reunións. - Modelos de recollida de información para as familias. - Modelos de convocatorias para reunións e entrevistas coas familias.
 
Caderno do profesorado 2010-2011 (Novidade)
Nicolás Rodríguez, Ramón (Autor/a)

Este Caderno do Profesorado 2010-2011, preparado como nas edicións anteriores por Ramón Nicolás, constitúe unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria. O Caderno do Profesorado 2010-2011 inclúe: - Datos persoais e do Centro. - Follas de horario do grupo e do titor ou titora. - Calendarios 2010 e 2011. - Planificación mensual con indicación de festividades de interese educativa. - Directorio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e de organización sindicais do profesorado. - Fichas de titoria para cada alumno/a, con espazos para datos persoais e familiares, faltas de asistencia, seguimento e notas parciais, así como grao de desenvolvemento das competencias básicas. - Fichas de seguimento do alumnado, con espazos para datos persoais, notas e faltas de asistencia.
 
Reckless (Novidade)
Carne de pedra
Funke, Cornelia (Autor/a)
Funke, Cornelia (Ilustrador/a)
Bello Rivas, María Xesús (Traductor/a)

Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el... a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante moitos anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxetos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transformaen xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.
 
Reescrituras do conto popular (2000-2009) (Novidade)
Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a)

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009). A partir dunha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares tradicionais no período temporal escollido, seis traballos analizan as obras máis salientábeis que responden a eses criterios nas literaturas que abrangue o marco ibérico e tamén no ámbito iberoamericano. O volume complétase cunha selección de obras, que recolle un total de cen títulos, e mais cunha bibliografía descrita que acolle algunhas das achegas máis relevantes en relación coa literatura popular, cuxo obxectivo é facilitar o labor das persoas encargadas da mediación á hora de se achegar a este tema. Cada un dos traballos vai escrito na lingua de procedencia ou da elección dos autores, co cal se pretende dar a coñecer as linguas do marco ibérico e iberoamericano. Só se traducen ao galego, por se editar en Galicia o libro, os orixinais vascos, pola dificultade de comprensión que ofrece esta lingua non románica, así como os apartados xerais do libro.
 
IMPRIMIR