XERAIS
E-books Novidades Descargas
 
LISTAXE
A espiral no espello (Novidade)
Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego
Angueira, Anxo (Autor/a)

O presente estudo reivindica para Bretaña, Esmeraldina a condición de obra central dentro do macrotexto da produción literaria de Méndez Ferrín e atribúelle tamén un papel especialmente relevante no contexto histórico da primeira Galicia autonómica, tanto no campo literario coma no político. O autor analiza con detalle a complexa estrutura da novela, cos seus niveis narrativos, rastrexando os modelos literarios que a conforman, para logo reflexionar sobre as diferentes poéticas que nela se manexan: a dun protagonista, Amaury, preso político bretón na cadea de Príncipe en Tagen Ata, que procura a identidade, a poética da lectura e da escritura (texto e entrelazo), a da ficción (espello) e a do regreso (espiral). Anxo Angueira remata facendo fincapé na importancia desta novela a respecto do nacemento do independentismo político, da vixencia da Nova Narrativa e dunha toma de posición en defensa da autonomía do campo literario como camiño para a consolidación da literatura galega como literatura nacional.
 
Linda á espreita (Novidade)
Steffensmeier, Alexander (Autor/a)
Góñez Silva, Mónica (Traductor/a)


 
Lingua de calidade (Novidade)
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (Autor/a)

Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.
 
No desterro (Novidade)
Cabanillas, Ramón (Autor/a)
Pena Sánchez, Xosé Ramón (Editor)

A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas as versións, nun texto prologado e anotado con rigor por Xosé Ramón Pena, para unha mellor estima do labor desenvolto por Cabanillas. Unha obra que contén as claves –poesía de denuncia, pero tamén intimista, paisaxista e aínda retallos modernistas– que explican o devir literario do noso poeta.
 
Samos (Novidade)
Cabanillas, Ramón (Autor/a)
López Bernárdez, Xosé Carlos (Editor)

Cando se cumpren cincuenta anos do falecemento de Ramón Cabanillas, Xerais reedita un libro inatopable que agora cobra vida propia: Samos. A Biblioteca das Letras Galega pon na man dos lectores e lectoras o emblemático libro de Cabanillas nesta coidadosa edición prologada e notada por Carlos L. Bernárdez. Samos, publicado orixinalmente en 1958 (o derradeiro que viu a luz en vida do autor) é un extraordianrio poema épico-didáctico, de inspiración relixiosa e maxistral dominio técnico, onde o poeta procura o seu propio equilibrio interior, constituíndo unha obra cimeira da nosa tradición no que se refire á poesía descritiva
 
IMPRIMIR