www.xerais.es
|   Imprimir   |   Mercar   |
 

13,4 x 19 cm.

128 Páxinas

Rústica cosido a fío

I.S.B.N.: 978-84-8302-634-2

Código: 1343027

8,56IVE non incluído
8,90IVE incluído

Xuño 2001

Contos por palabras

Agustín Fernández Paz (Autor/a) e Enjamio (Ilustrador/a)
Colección: INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 11 anos en diante
14ª Edición - Premio Lazarillo, 1990 - Lista de Honra do IBBY,1992 - Premio lecturas Galix, 2003
 
Contido
Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. "Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra". "O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. "Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. "Un artista de neón": un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado"? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea". "O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

VALORA  
       
       (1 valoracións)
COMENTARIOS  (Es o primeiro en opinar)
 Del.icio.us  Digg  Facebook  Menéame
 Mister Wong  MySpace  Yahoo  Chuza
  Enviar a un amigo
  EMPEZAR A LEER  
  PROYECTO DE LECTURA  
  ESCENIFICACIÓN  
  CUADERNOS DE CRÍTICAS  
  FICHA TÉCNICA  
  MATERIAL ADICIONAL  
  MATERIAL PROMOCIONAL  
  VÍDEO  
  MATERIAL ADICIONAL  
  E-BOOKS