www.xerais.es
|   Imprimir   |   Mercar   |
 

15 x 22,5 cm.

312 Páxinas

Rústica cosido a fío

I.S.B.N.: 978-84-9914-099-5

Código: 1331294

19,81IVE non incluído
20,60IVE incluído

Setembro 2010

Randea do alento

Herta Müller (Autor/a), Marga do Val (Tradutor/a)
Colección: EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Tradución), 2011
 
Contido
Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: “Prohibido”, “raro, sucio, vergoñento e fermoso”. Formar parte da listaxe dos rusos era para el unha situación aceptábel. Cinco anos vai manterse con vida no Campo, coa experiencia da fame e do frío, co terríbel cansazo, co tedio, coa dúbida de se na súa casa saberán se continúa con vida, co desexo e co medo do regreso. Leo Auberg regresa e xa non ten lugar no mundo entre persoas farturentas de lar, a lingua e as imaxes que crea seguen a mantelo na vida, sesenta anos despois, cando continúa comendo contra a morte de fame. Herta Müller, coas fermosas palabras do poeta Oskar Pastior, cos seus recordos e cos doutras testemuñas devólvenos unha parte da historia de Europa, da ferocidade do século XX, no que a inocente palabra Campo, se converte en símbolo do horror. “Esta é unha obra, que neste momento sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos.” Felicitas von Lovenberg, "Frankfurter Allgemeine Zeitung" “A súa obra, cuxa forza se alimenta co terror, é ao mesmo tempo rica en beleza e unha sorte para quen le.” Volker Weidermann, "Frankfurter Allgemeine Sonntagszeitung"

VALORA  
       
       (7 valoracións)
COMENTARIOS  (Es o primeiro en opinar)
 Del.icio.us  Digg  Facebook  Menéame
 Mister Wong  MySpace  Yahoo  Chuza
  Enviar a un amigo
  EMPEZAR A LEER  
  PROYECTO DE LECTURA  
  ESCENIFICACIÓN  
  CUADERNOS DE CRÍTICAS  
  FICHA TÉCNICA  
  MATERIAL ADICIONAL  
  MATERIAL PROMOCIONAL  
  VÍDEO  
  MATERIAL ADICIONAL  
  E-BOOKS