www.xerais.es
|   Imprimir   |   Mercar   |
 

24,8 x 28,8 cm.

Páxinas

Cartonado

I.S.B.N.: 978-84-9782-696-9

Código: 1399079

40,87IVE non incluído
42,50IVE incluído

Decembro 2009

No país das vacas

Xurxo Lobato Sánchez (Autor/a)
Colección: GRANDES OBRAS>EDICIÓNS SINGULARES
 
Contido
Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española. Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión. O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos, os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto (“Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas”), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez (“Moita máis luz que sombras”), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos (continúa...)

VALORA  
       
       (9 valoracións)
COMENTARIOS  (Es o primeiro en opinar)
 Del.icio.us  Digg  Facebook  Menéame
 Mister Wong  MySpace  Yahoo  Chuza
  Enviar a un amigo
  EMPEZAR A LEER  
  PROYECTO DE LECTURA  
  ESCENIFICACIÓN  
  CUADERNOS DE CRÍTICAS  
  FICHA TÉCNICA  
  MATERIAL ADICIONAL  
  MATERIAL PROMOCIONAL  
  VÍDEO  
  MATERIAL ADICIONAL  
  E-BOOKS