www.xerais.es
|   Imprimir   |   Mercar   |
 

14,5 x 22 cm.

408 Páxinas

Rústica cosido a fío

I.S.B.N.: 978-84-9914-087-2

Código: 1383023

25,00IVE non incluído
26,00IVE incluído

Marzo 2010

George Steiner en The New Yorker

George Steiner (Autor/a), Lara Domínguez (Tradutor/a), Patricia Buján Otero (Tradutor/a) e Saleta Fernández Fernández (Tradutor/a)
Colección: OBRAS DE REFERENCIA>ENSAIO
 
Contido
Entre os anos 1967 e 1997, George Steiner escribiu máis de cento cincuenta artigos para o semanario The New Yorker sobre unha grande variedade de cuestións, conseguindo achegar, non só a intelectuais con formación literaria, senón ao que se adoita chamar «o público xeral», libros novos e vellos, ideas complexas e temas inusuais. De entre todos eles, Steiner reuniu neste volume medio cento deles, unha auténtica colección de alfaias, que abordan boa parte dos principais problemas do ameazado futuro da cultura contemporánea. Artigos sorprendentes pola súa sinxeleza vivida e pola súa poderosa capacidade pedagóxica. Ensaios literarios caracterizados polo rigor e a sabedoría e comprometidos coa seriedade, mais tamén atravesados pola ironía e o humor, ferramentas coas que Steiner analiza con xenerosidade as obras de autores como Walter Benjamin, Lévi-Strauss, Cioran, Canetti, Beckett, Borges, Bertrand Russel, Brecht, Canetti, Celine, Kafka ou Chomsky. Neste libro Steiner ofrece, ademais, unha guía de lecturas que comeza coa literatura do Gulag e remata coa historia do xadrez. Todo un século literario desfila por estas páxinas deslumbrantes de intuicións e saber, xa que como sinala Robert Boyes no prólogo, George Steiner considera que a principal misión do escritor é educar e conmover, esforzándose sempre por distinguir o mellor do óptimo, nun «permanente encontro co novo e o difícil».

VALORA  
       
       (0 valoracións)
COMENTARIOS  (Es o primeiro en opinar)
 Del.icio.us  Digg  Facebook  Menéame
 Mister Wong  MySpace  Yahoo  Chuza
  Enviar a un amigo
  EMPEZAR A LEER  
  PROYECTO DE LECTURA  
  ESCENIFICACIÓN  
  CUADERNOS DE CRÍTICAS  
  FICHA TÉCNICA  
  MATERIAL ADICIONAL  
  MATERIAL PROMOCIONAL  
  VÍDEO  
  MATERIAL ADICIONAL  
  E-BOOKS