 |
|
16 x 24,5 cm.
512 Páxinas
Cartonado
I.S.B.N.: 978-84-9914-032-2
Código: 1331275
21,59 IVE non incluído
22,45 IVE incluído
Setembro 2009
|
|
Sol de Inverno
|
| Rosa Aneiros (Autor/a) |
| Colección: EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA |
| 2ª Edición - Premio Xerais de Novela, 2009 |
| |
Contido
Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Para o xurado do Premio Xerais 2009 “Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.”
|
| COMENTARIOS (Es o primeiro en opinar) |
Escribe o teu comentario (máximo: 1000 caracteres)
|
 |
|
|
Enviar a un amigo |
|