 |
|
13,5 x 20,5 cm.
200 Páxinas
Rústica cosido a fío
I.S.B.N.: 978-84-9782-556-6
Código: 1384038
8,65 IVE non incluído
9,00 IVE incluído
Maio 2009
|
|
Lúa do Senegal
|
| Agustín Fernández Paz (Autor/a) e Marina Seoane Pascual (Ilustrador/a) |
| Colección: INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 10 anos en diante |
| 2ª Edición - Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Infantil e Xuvenil) 2010 |
| |
Contido
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.
Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.
Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes.
|
| COMENTARIOS (Es o primeiro en opinar) |
Escribe o teu comentario (máximo: 1000 caracteres)
|
 |
|
|
Enviar a un amigo |
|