 |
|
14,5 x 20 cm.
232 Páxinas
Cartonado
I.S.B.N.: 978-84-9914-048-3
Código: 1343200
12,31 IVE non incluído
12,80 IVE incluído
Novembro 2009
|
|
| |
Contido
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico.
O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou “que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.”
|
| COMENTARIOS (Es o primeiro en opinar) |
Escribe o teu comentario (máximo: 1000 caracteres)
|
 |
|
|
Enviar a un amigo |
|