www.xerais.es
|   Imprimir   |   Mercar   |
 

15,5 x 23 cm.

528 Páxinas

Cartonado

I.S.B.N.: 978-84-9782-908-3

Código: 1331258

22,12IVE non incluído
23,00IVE incluído

Outubro 2008

O xardín das pedras flotantes

Manuel Lourenzo González (Autor/a)
Colección: EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA
XXV Premio Xerais de Novela 2008
 
Contido
O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXV Premio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Idade Media e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos da literatura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentido do humor, esta novela podente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe, e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanos que o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memorialístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándose moito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vista en ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece o entramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.

COMPLEMENTOS
  MATERIAL PROMOCIONAL. Cartel dos Premios Xerais 2008
  MATERIAL PROMOCIONAL. Plotter do libro O xardín das pedras flotantes
VALORA  
       
       (0 valoracións)
COMENTARIOS  (Es o primeiro en opinar)
 Del.icio.us  Digg  Facebook  Menéame
 Mister Wong  MySpace  Yahoo  Chuza
  Enviar a un amigo
  EMPEZAR A LEER  
  PROYECTO DE LECTURA  
  ESCENIFICACIÓN  
  CUADERNOS DE CRÍTICAS  
  FICHA TÉCNICA  
  MATERIAL ADICIONAL  
  MATERIAL PROMOCIONAL  
  VÍDEO  
  MATERIAL ADICIONAL  
  E-BOOKS